Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 30 de setembro de 2015 Páx. 38322

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2015 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, do contrato de elaboración de proxecto e execución da obra de reforma e ampliación do Hospital da Costa, Burela (clave LU/15/096.01.) (E/026/2015).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: +34 981 54 49 86.

5º. Telefax: +34 981 54 47 91.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23434 (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características). Tamén se poderán obter o prego de cláusulas administrativas, cadro de características, anteproxecto (soporte dixital) na copistaría Copy Nino, rúa dos Feáns, nº 19, e Rosalía de Castro, nº 58, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono +34 981 58 89 38.

7º. Data límite de obtención de documentación e información: 19 de novembro de 2015.

d) Número de expediente: LU/15/096.01 (E/026/2015).

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo conxunto de elaboración de proxecto e execución de obra.

b) Descrición: reforma e ampliación do Hospital da Costa, Burela (Lugo).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Localidade e código postal: Lugo.

e) Prazo de execución: trinta e un (31) meses (parágrafo D do cadro de características).

f) Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría f.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 45215100-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 10.601.167,46 euros, sen IVE. IVE: 2.226.245,17 euros. Importe total: 12.827.412,63 euros.

b) Valor estimado: 10.601.167,46 euros.

5. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación (sen IVE). Ver punto H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso: a exixida no punto 2 anterior.

Ademais da clasificación obrigatoria, o licitador presentará un compromiso de adscrición á execución do contrato dos medios persoais especificados no parágrafo I.2B) do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares, artigo 64.2 do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

c) Forma xurídica que deberá adoptar a agrupación de contratistas: axustarase aos requisitos previstos no artigo 59 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data de presentación: 19 de novembro de 2015.

b) Modalidade de presentación:

c) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo de Santiago de Compostela e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

e) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

8. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Edificio Administrativo San Caetano.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: a que se sinale no perfil do contratante, www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23434 , con 2 días hábiles de antelación á realización do acto público.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 29 de setembro de 2015.

11. Outras informacións:

a) Tamén se poderán obter o prego de cláusulas administrativas, cadro de características, anteproxecto (soporte dixital) na copistaría Copy Nino, rúa dos Feáns, nº 19, e Rosalía de Castro, nº 58, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono: +34 981 58 89 38.

b) Idiomas: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.

c) Modalidades básicas de financiamento ou de pagamento e/ou referencias aos textos que as regulan: segundo o establecido na cláusula 5.5.1, Aboamentos contratista, do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Forma xurídica para agrupacións de contratistas: axustarase aos requisitos previstos no artigo 59 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

e) Información complementaria. Tipo de poder adxudicador: administración rexional. Trátase dun anuncio non obrigatorio: non.

f) A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6, Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

A apertura do sobre B (oferta técnica) terá lugar na data e na hora que será anunciada no perfil do contratante, www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23434 , con 2 días hábiles de antelación á realización do acto público na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A apertura do sobre C (proposición económica) terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante, www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23434 , con 2 días hábiles de antelación á realización do acto público na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Se por algún motivo hai que modificar o acto público de apertura dos sobres B ou C, reflectirase a nova data no perfil do contratante, www.contratosdegalicia.es./resultado.jsp?N=23434 .

No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas