Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 30 de setembro de 2015 Páx. 38224

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de axudas e subvencións a entidades locais para a mellora do equipamento dos centros de información ás mulleres (CIM), acreditados ao abeiro do Decreto 182/2014, convocadas pola Resolución do 8 de xullo de 2015 e cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

Mediante a Resolución do 8 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade (DOG núm. 129, do 10 de xullo), establecéronse as bases reguladoras e convocáronse as axudas e subvencións a entidades locais para a mellora do equipamento dos centros de información ás mulleres (CIM) acreditados ao abeiro do Decreto 182/2004, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

Segundo o artigo 11.3 da citada resolución, e de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación individual das resolucións das axudas poderá ser substituída pola publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola comisión de valoración prevista no artigo 9 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións económicas a favor das entidades locais para o financiamento do equipamento dos centros de información ás mulleres (CIM) que se indican no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios establecidos no artigo 10 das bases reguladoras, por un importe total de 245.036,52 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.11.313B.760.0 (código de proxecto 2015 00149) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2015. Estas subvencións están cofinanciadas ao 80 % con fondos Feder incluídos no programa operativo de Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 79.

Para os efectos destas axudas, na determinación do orzamento elixible excluíronse do orzamento presentado aqueles gastos que non teñen a consideración de investimento (discos externos, usb, persianas, deshumificadores, etc.); os investimentos que non responden ao concepto propio de equipamento informático (vídeos, cámaras, proxectores, equipamentos de megafonía, etc.), aqueles que non se corresponden coa actividade cotiá de oficina (tablets, etc.), e os que supoñen un número de equipamentos superior ao persoal propio do CIM.

Segundo. No anexo II relaciónanse as solicitudes que quedarán en reserva e que poderán ser subvencionadas no caso de que haxa cantidades que resultaren sobrantes porque algunha entidade non acepte a axuda ou renuncie a esta. Neste caso, o órgano instrutor poderá formular proposta de resolución complementaria, e adxudicar o importe dispoñible ás solicitudes avaliadas pola comisión e que non acadaron axuda por límites orzamentarios, de acordo coa orde de puntuación obtida.

Terceiro. De conformidade co artigo 15 das bases reguladoras, o importe da subvención farase efectivo nun pagamento único logo da acreditación da realización do proxecto subvencionado e da presentación en prazo da documentación xustificativa exixida conforme o establecido no artigo 14 da convocatoria.

Cuarto. De acordo co establecido no citado artigo 14, para cobrar as axudas concedidas, as entidades beneficiarias deberán presentar con data límite do 30 de outubro de 2015 a documentación acreditativa da realización do proxecto de investimento en equipamento e xustificar a totalidade do orzamento elixible; no caso de non xustificarse a totalidade do orzamento, a subvención será minorada na mesma proporción. Así mesmo, os gastos subvencionados deberán estar efectivamente realizados e pagados na data límite de xustificación o 30 de outubro de 2015.

Recórdase que as xustificacións que non acaden como mínimo o 60 % do orzamento das actuacións subvencionadas serán revogadas na súa integridade (artigo 14.1).

Tamén, segundo o establecido no artigo 14.2, a falta de presentación da xustificación no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei.

No caso de que a xustificación fose incorrecta e/ou incompleta, requirirase a entidade para que corrixa os erros ou defectos observados e/ou achegue os documentos solicitados no prazo de dez días, advertíndolle que, de non facelo, se procederá, logo de resolución, á revogación da subvención e, de ser o caso, ao reintegro da contía percibida e á exixencia dos xuros de demora.

Quinto. Infórmanse as entidades beneficiarias de que, por tratarse de fondos Feder, dentro do programa operativo 2007-2013, a aceptación da subvención supón a súa publicación na lista de persoas beneficiarias prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, e de que na devandita lista figurarán os datos de identidade ou denominación social, das operacións e da contía de fondos públicos asignados a cada operación.

Sexto. De conformidade co artigo 17 das bases reguladoras, as entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como as demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación, en particular, as seguintes:

1. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos.

2. Acreditar ante o órgano concedente a realización da actividade subvencionada, así como o cumprimento dos requisitos e condicións que determinen a concesión ou desfrute da axuda.

3. Manter o investimento durante cinco anos, segundo o previsto no artigo 57 do Regulamento (CE) 1083/2006.

4. Levar un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos realizados ao abeiro desta resolución, e deberán conservar a documentación xustificativa dos devanditos gastos por un período de tres anos a partir do peche do programa operativo, de acordo co disposto nos artigos 60 e 90 do Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006.

5. Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidas polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional.

6. Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

7. Someterse ás actuacións de supervisión e control dos órganos da Administración do Estado e da comunidade autónoma, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e da Secretaría Xeral da Igualdade, para realizar as comprobacións e verificacións que se consideren precisas para a constatación do cumprimento do disposto nesta resolución e demais normas vixentes que resulten de aplicación. En particular, queda sometida ás verificacións do artigo 13 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

8. Cumprir a obriga de dar adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto no Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, que fixa normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006, do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión. Na publicidade deberán figurar todas as especificacións exixidas na normativa indicada, e neste caso deberá colocarse unha placa ou adhesivo nos equipamentos subvencionados cos logos e lendas de obrigada inclusión (emblema da Unión Europea; referencia ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional –Feder–; declaración do Fondo: «Unha maneira de facer Europa, e imaxe corporativa da Xunta de Galicia) segundo o modelo que se estableza na páxina web do órgano concedente.

Sétimo. Conforme o establecido no artigo 18 da convocatoria, procederá o reintegro, total ou parcial, das subvencións e axudas públicas percibidas cando concorra calquera das circunstancias previstas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, ás entidades beneficiarias seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

Oitavo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a secretaria xeral da Igualdade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2015

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO I

Expediente

NIF

Solicitante

Puntos

Orzamento elixible

Importe concesión

SI427D 2015/033

P2704000E

Concello de Palas de Rei

86

15.014,94 €

13.156,03 €

SI427D 2015/011

P1503200F

Concello de Curtis

84

1.778,16 €

1.493,66 €

SI427D 2015/045

P8202502D

Mancomunidade Terra de Celanova

83

5.238,82 €

4.400,61 €

SI427D 2015/051

P3602500E

Concello da Lama

82

1.517,99 €

1.275,11 €

SI427D 2015/010

P2703100D

Concello de Monforte de Lemos

79

695,00 €

695,00 €

SI427D 2015/015

P1502700F

Concello de Coirós

75

1.705,02 €

1.705,02 €

SI427D 2015/022

P2703000F

Concello de Mondoñedo

73

1.997,50 €

1.997,50 €

SI427D 2015/062

P1500003G

Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes

72

21.423,05 €

17.976,97 €

SI427D 2015/039

P2701600E

Concello de Chantada

71

1.944,47 €

1.944,47 €

SI427D 2015/025

P2705700I

Concello de Sarria

70

5.089,30 €

5.089,30 €

SI427D 2015/006

P1502300E

Concello de Cee

69

1.540,00 €

1.386,00 €

SI427D 2015/004

P3205200C

Concello de Muíños

63

8.978,20 €

8.978,20 €

SI427D 2015/026

P1506200C

Concello de Ortigueira

63

3.824,21 €

3.824,21 €

SI427D 2015/065

P3600500G

Concello de Caldas de Reis

62

397,80 €

397,80 €

SI427D 2015/032

P3600041B

Mancomunidade do Salnés

61

5.971,35 €

5.147,72 €

SI427D 2015/005

P2706800F

Concello de Burela

60

7.747,52 €

7.747,52 €

SI427D 2015/043

P3200500A

Concello de Avión

58

8.750,00 €

6.475,00 €

SI427D 2015/008

P1509400F

Concello de Zas

57

4.741,01 €

3.982,45 €

SI427D 2015/019

P3604300H

Concello de Ponte Caldelas

54

1.478,90 €

1.256,90 €

SI427D 2015/034

P3208600A

Concello de Verín

53

4.442,43 €

4.442,43 €

SI427D 2015/027

P2706500B

Concello de Vilalba

50

7.773,22 €

5.752,18 €

SI427D 2015/047

P2705100B

Concello de Ribadeo

50

9.469,12 €

9.469,12 €

SI427D 2015/046

P1505300B

Concello de Muxía

49

1.410,00 €

1.410,00 €

SI427D 2015/063

P3206400H

Concello da Pobra de Trives

47

655,82 €

655,82 €

SI427D 2015/009

P1506600D

Concello de Padrón

45

3.116,72 €

2.649,21 €

SI427D 2015/031

P3605600J

Concello de Valga

45

6.421,11 €

6.421,11 €

SI427D 2015/044

P3605200I

Concello de Silleda

45

3.255,47 €

2.880,80 €

SI427D 2015/049

P1507100D

Concello das Pontes de García Rodríguez

45

11.144,32 €

8.246,80 €

SI427D 2015/050

P1504700D

Concello de Melide

45

4.056,53 €

4.056,53 €

SI427D 2015/054

P3602200B

Concello do Grove

45

9.033,50 €

7.678,50 €

SI427D 2015/028

P1506300A

Concello de Outes

44

1.654,00 €

1.389,36 €

SI427D 2015/053

P3603500D

Concello de Nigrán

44

672,50 €

672,50 €

SI427D 2015/040

P1501900C

Concello de Carballo

43

4.757,68 €

4.757,68 €

SI427D 2015/041

P3605300G

Concello de Soutomaior

43

6.523,97 €

5.545,37 €

SI427D 2015/017

P3600300B

Concello de Baiona

42

1.656,23 €

1.391,23 €

SI427D 2015/023

P3605100A

Concello de Sanxenxo

42

1.996,50 €

1.996,50 €

SI427D 2015/007

P3602900G

Concello de Moaña

40

1.759,00 €

1.759,00 €

SI427D 2015/037

P3602600C

Concello de Marín

38

4.392,65 €

3.733,65 €

SI427D 2015/052

P1501100J

Concello de Boiro

38

5.310,00 €

4.513,50 €

SI427D 2015/016

P3208700I

Concello de Viana do Bolo

37

1.298,40 €

1.298,40 €

SI427D 2015/020

P1507800I

Concello de Santa Comba

37

2.736,89 €

2.736,89 €

SI427D 2015/029

P1504200E

Concello da Laracha

37

984,46 €

984,46 €

SI427D 2015/058

P1507900G

Concello de Santiago de Compostela

37

10.293,94 €

9.000,00 €

SI427D 2015/003

P2706700H

Concello de Viveiro

35

1.370,00 €

959,00 €

SI427D 2015/012

P3602300J

Concello da Guarda

35

1.360,66 €

1.224,59 €

SI427D 2015/018

P1507400H

Concello de Ribeira

35

2.141,63 €

2.141,63 €

SI427D 2015/024

P1505700C

Concello de Negreira

35

2.281,50 €

2.281,50 €

SI427D 2015/038

P1500500B

Concello de Arteixo

35

3.900,00 €

3.500,00 €

SI427D 2015/057

P1505800A

Concello de Noia

35

4.665,54 €

4.665,54 €

SI427D 2015/059

P3204400J

Concello de Maceda

35

2.337,12 €

2.337,12 €

SI427D 2015/060

P1503100H

Concello de Culleredo

35

990,00 €

990,00 €

SI427D 2015/048

P3601700B

Concello da Estrada

33

1.439,90 €

1.223,92 €

SI427D 2015/056

P3604500C

Concello de Redondela

33

2.230,89 €

1.896,30 €

SI427D 2015/002

P2705000D

Concello de Quiroga

32

1.270,00 €

1.016,00 €

SI427D 2015/021

P1505400J

Concello de Muros

32

3.654,57 €

3.654,57 €

SI427D 2015/035

P3604200J

Concello de Ponteareas

27

8.310,20 €

8.310,20 €

SI427D 2015/042

P1500200I

Concello de Ames

27

2.695,92 €

2.695,92 €

SI427D 2015/061

P3604100B

Concello de Poio

27

1.630,00 €

1.630,00 €

SI427D 2015/036

P3606000B

Concello de Vilagarcía de Arousa

24

3.499,20 €

3.499,20 €

SI427D 2015/030

P1503700E

Concello de Ferrol

22

7.000,00 €

7.000,00 €

SI427D 2015/064

P3603800H

Concello de Pontevedra

22

1.995,01 €

1.995,01 €

SI427D 2015/013

P3606100J

Concello de Vilanova de Arousa

20

8.999,34 €

8.999,34 €

SI427D 2015/014

P3201000A

Concello do Barco de Valdeorras

20

2.646,17 €

2.646,17 €

ANEXO II

Expediente

NIF

Solicitante

Puntos

SI427D 2015/055

P3602400H

Concello de Lalín

20

SI427D 2015/001

P3605700H

Concello de Vigo

19