Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 2 de outubro de 2015 Páx. 38678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Quiroga (expediente IN407A 2015/42-2, 8236 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: LMT, CT e RBT de substitución no centro de transformación Vilaverde 27C427.

Situación: concello de Quiroga.

Características técnicas:

1. LMT subterránea a 20 kV, con orixe nun paso aéreo a subterráneo proxectado nun apoio existente da liña SEQ 805-Courel 5 e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 10 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.

2. Centro de transformación prefabricado, cunha potencia proxectada de 250 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, cunha relación de transformación 20.000/400-230 V.

3. Liña de baixa tensión subterránea cunha lonxitude de 45 metros con orixe no CT proxectado e final nas RBT existentes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo, 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 11 de setembro de 2015

P.S. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Mª A. Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas de Lugo