Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39423

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

DECRETO 132/2015, do 8 de outubro, polo que se dispón que cese Verónica Tellado Barcia como directora xeral de Conservación da Natureza.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día oito de outubro de dous mil quince,

DISPOÑO:

Que cese Verónica Tellado Barcia, como directora xeral de Conservación da Natureza, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, oito de outubro de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio