Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 13 de outubro de 2015 Páx. 39744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 23 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as solicitudes de acreditación da representación nos recursos interpostos contra as resolucións sancionadoras en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos (expediente RA/M/2015/00207 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse ás persoas que a seguir se relacionan as solicitudes de acreditación da representación nos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Examinados os recursos interpostos, observouse que estes carecen dun requisito esencial exixido polo artigo 32.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, tal e como é que, para interpoñer recursos, deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Por tanto, requírese para que presente a documentación (orixinal ou copia compulsada) do representante para actuar en nome da entidade remitíndoa á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; Secretaría Xeral Técnica; Servizo Técnico-Xurídico; San Caetano, bloque 5; 15781 Santiago de Compostela.

Por todo o exposto, e co fin de dar cumprimento ao establecido no artigo 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ter así por interposto o recurso presentado, deberá proceder á emenda da falta mencionada no prazo de dez (10) días contados a partir da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, tal e como se establece no artigo 32.4 da mencionada lei.

Lémbraselle que, de non proceder á corrección dos defectos antes mencionados, esta Administración procederá a dar cumprimento ao establecido no artigo 113.1 da Lei 30/1992 inadmitindo o recurso interposto.

E para que conste e sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Número recurso

Expediente

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

RA/M/2015/00207

XC-00423-O-2011

8289-FHN/ZA-01019-R

Garda Civil 1503 W04047P

Transporte C. Novoa e Hijos, S.L.

Minoración superior ao 50 % nos períodos de descanso obrigatorio (descanso semanal).

17.1.2011; 12.11; AP-9; 25,200

RA/M/2015/00452

OU-00857-O-2013

6128-BDW

Garda Civil 3203 V46236Y

Vigotrans, S.L.

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar.

17.5.2013; 10.07; A-52; 181

RA/M/2015/00562

DX-00112-I-2009

Obstrución

DX/002

Mintra, S.L.

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.

14.7.2009; 13.47