Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 13 de outubro de 2015 Páx. 39723

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso de traslados para a provisión de postos xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia entre funcionarios do corpo de médicos forenses, convocado pola Resolución do 10 de abril de 2015.

De conformidade co establecido nos artigos 51, 52 e 53 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, e mais na Resolución do 10 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia para o corpo de médicos forenses (BOE/DOG do 6 de maio de 2015), esta dirección xeral acorda:

Primeiro. Resolver o concurso de traslados adxudicándolles os postos convocados aos médicos forenses que se relacionan no anexo I. Decláranse desertos os postos relacionados no anexo II.

Segundo. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días naturais se non implica cambio de localidade do funcionario, de oito días se implica cambio de localidade dentro da Comunidade Autónoma e de vinte días se implica cambio de comunidade autónoma, a excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma de Illes Balears, Cidade de Ceuta e Cidade de Melilla, casos estes en que o prazo será dun mes tanto se o posto de traballo é de orixe coma de destino. Cando o adxudicatario da praza obteña coa súa toma de posesión o reingreso no servizo activo, o prazo será de vinte días.

O prazo para a toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución do concurso no Boletín Oficial del Estado.

O prazo posesorio será retribuído pola Administración competente respecto da praza obtida no concurso.

Se a resolución comporta reingreso ao servizo activo desde as situacións de excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público, de excedencia voluntaria por interese particular, de excedencia voluntaria por agrupación familiar ou de suspensión de funcións, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita publicación.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas, incluídos os de vacacións, que fosen concedidos aos interesados.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, conforme o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a xurisdición competente, de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ambos os dous prazos contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2015

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO I
Fase de concurso

Adxudicatario

DNI

Nº orde

Posto adxudicado

Posto de orixe

Hernández Ballesteros, Marcos

06541490Z

71

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección de Ferrol

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección da Coruña

Varela Rodríguez, Francisco Javier

32618040S

70

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección da Coruña

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección de Lugo

ANEXO II
Prazas desertas

Nº orde

Centro de traballo

Vacantes

Denominación

69

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Dirección. Santiago de Compostela

2

Médico forense (xeneralista)

72

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Lugo

3

Médico forense (xeneralista)

73

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Ourense

2

Médico forense (xeneralista)