Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 13 de outubro de 2015 Páx. 39815

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de protección do conxunto de interese etnográfico de Seixalbo (expediente de planeamento urbanístico 2013006003).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do día 27 de agosto de 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«8. Aprobación inicial do Plan especial de protección do conxunto de interese etnográfico de Seixalbo (expediente de planeamento 2013006003).

A Xunta de Goberno Local, de conformidade coa proposta, por unanimidade dos asistentes (10 votos a favor), acordou:

Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de protección do conxunto de interese etnográfico de Seixalbo-Ourense, segundo o documento técnico redactado de oficio.

Segundo. Sometelo a información pública polo prazo mínimo dun mes, mediante anuncio que se publicará no DOG e en dous dos diarios de maior circulación da provincia.

Terceiro. Solicitar o informe sectorial en materia de patrimonio cultural á Administración competente, á Xunta de Galicia-Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, durante a fase de información pública».

Ourense, 14 de setembro de 2015

Jesús Vázquez Abad
Alcalde presidente