Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40317

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014, modificada por Resolución do 24 de abril de 2015.

Mediante Resolución desta dirección xeral do 10 de decembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 242, do 18 de decembro) convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria.

Por Resolución do mesmo órgano, do 24 de abril de 2015 (Diario Oficial de Galicia nº 82, do 4 de maio) modificouse o anexo I da antedita resolución, ampliando o número de prazas convocadas e reabrindo o prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso.

Por Resolución do 1 de xullo de 2015 (Diario Oficial de Galicia nº 131, do 14 de xullo) procedeuse á publicación da relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega.

Logo de finalizado o prazo de emenda previsto na base sexta da resolución de convocatoria, e de conformidade co disposto na citada base, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014, modificada por Resolución do 24 de abril de 2015.

Segundo. As listas coa relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do motivo de exclusión, e os/as declarados/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega, poderán examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base 6.3 da Resolución do 10 de decembro de 2014, contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos