Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 23 de outubro de 2015 Páx. 41045

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

DECRETO 146/2015, do 22 de outubro, polo que se nomea secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda a Joaquín Macho Canales.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e dous de outubro de dous mil quince,

Nomeo secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda a Joaquín Macho Canales.

Santiago de Compostela, vinte e dous de outubro de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda