Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 27 de outubro de 2015 Páx. 41450

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Equipos Navales Ecomar, S. Coop. Galega en liquidación

ANUNCIO do acordo de liquidación-extinción da cooperativa.

O liquidador da cooperativa Equipos Navales Ecomar, Soc. Coop. Galega, en liquidación, nomeado na asemblea xeral extraordinaria do 24 de outubro de 2014 e en cumprimento do establecido no artigo 94 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, adoptou o acordo de extinción da cooperativa, tras a aprobación do balance final de liquidación cun activo de 0 euros e un pasivo de 0 euros, polo que non procede ningunha adxudicación entre os socios.

O balance final e o proxecto de distribución do activo foron censurados por un auditor externo.

Vigo, 20 de outubro de 2015

Roberto García González
Liquidador