Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 3 de novembro de 2015 Páx. 42150

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de convocatoria para prover dúas prazas de policía local.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 205, do 23 de outubro de 2015, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

2 prazas da categoría de policías locais, como funcionarios de carreira do Concello de Lalín, grupo C1, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio de convocatoria na última das seguintes publicacións, no Boletín Oficial del Estado ou no Diario Oficial de Galicia.

Os vindeiros anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na maneira prevista nas propias bases.

Lalín, 26 de outubro de 2015

Rafael Cuiña Aparicio
Alcalde presidente