Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43578

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 12 de novembro de 2015 pola que se modifica a Orde do 16 de xuño de 2015 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2.

En virtude da Orde do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño) convocouse proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2.

Con motivo da publicación no BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, así como da publicación no BOE núm. 261, do 31 de outubro, do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Modificar a base II.1.3. da Orde do 16 de xuño de 2015, da maneira seguinte:

– A norma «1. Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: títulos I a X», queda substituída polas seguintes:

«1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos I, II, III, IV e V. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: cap. II (agás subsección 2ª sección 3ª), cap. III, cap. IV , cap. V e cap. VI do título preliminar; título III».

– A norma «6. Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público: títulos I a VII», queda substituída pola seguinte:

«6. Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: títulos I a VII».

– Quedan suprimidas as seguinte normas:

«3. Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos das administracións públicas en materia de responsabilidade patrimonial: capítulos I a V.

4. Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora: capítulos I a V».

Segundo. Modificar o tema 4 da epígrafe «I.2. Dereito administrativo», que pasa a ter a seguinte redacción:

«Os dereitos das persoas na Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas».

Terceiro. Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela os/as interesados/as poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a/o conselleira/o competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na LRX-PAC, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda