Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43467

I. Disposicións xerais

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 5 de novembro de 2015 pola que se modifica o Manual de sinalización turística de Galicia aprobado polo Decreto 85/2012, do 16 de febreiro, e se regula a imaxe e sinalética do Camiño de Santiago.

O Decreto 85/2012, do 16 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 138/2008, do 22 de maio, polo que se regula a sinalización turística de Galicia e se aproba o Manual de sinalización turística de Galicia, establece na súa disposición derradeira primeira a facultade do titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento deste decreto e, en concreto, para realizar as modificacións necesarias no Manual de sinalización turística de Galicia.

O Camiño de Santiago foi declarado en 1987 como primeiro itinerario cultural europeo polo Consello de Europa e, posteriormente, en 1993 o Camiño francés recibiu a distinción como patrimonio mundial, ampliada recentemente aos Camiños do Norte, que en Galicia afecta os chamados Camiño Norte e Camiño Primitivo.

O Camiño de Santiago é un itinerario de peregrinación cunha dilatada historia de máis de 1.200 anos que, na actualidade, está a experimentar unha importante revitalización. O pasado ano foron preto de 250.000 os peregrinos que percorreron máis de 100 km a pé ou 200 en bicicleta. Esta afluencia proxecta a imaxe de Galicia por todo o mundo e supón un importante recurso para a economía de Galicia.

En Galicia están declarados como Camiño de Santiago 1.320 km que discorren por máis de cen municipios.

Neste sentido, e dado que o Camiño de Santiago é un dos símbolos máis consolidados da imaxe de Galicia no exterior, resulta imprescindible unificar e harmonizar a sinalización do Camiño de Santiago, definindo e delimitando os seus elementos gráficos e diferentes aplicacións.

Consecuentemente con todo o anterior, vista a proposta formulada pola Axencia Turismo de Galicia, e logo do informe da Asesoría Xurídica, esta consellería, no exercicio das facultades conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPÓN:

Artigo único

Modifícase o Manual de sinalización turística de Galicia aprobado polo Decreto 85/2012, do 16 de febreiro, engadindo un apartado correspondente á imaxe e sinalética do Camiño de Santiago, que se insire como anexo I da presente orde.

Disposición transitoria

Os elementos e sinais xa existentes e que non se axusten ao disposto nesta orde deberán adaptarse ás súas prescricións no prazo de catro anos desde a súa entrada en vigor.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no ámbito das súas competencias, para ditar as resolucións e as instrucións necesarias para o desenvolvemento e o cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2015

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file