Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43802

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 19 de outubro de 2015, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00173-O-2015 e cinco máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador OU-00173-O-2015 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, as persoas interesadas deberán aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 19 de outubro de 2015

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00173-O-2015

8183-CKZ

Garda Civil 3201 M30803D

Carlos Diéguez Primero, S.L.U.

B32453532

A Madanela, 4,

32152 Coles,

Ourense

O exceso igual ou superior ao 2,5 por cento e inferior ao 10 por cento sobre a mma total en vehículos con mma superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 7 %.

20.1.2015; 13.43.00; OU-0514; 1,0

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

366 euros

OU-00204-O-2015

2079-BSC

Garda Civil 3201 A47914C

Cuesta Ochoa, S.L.

B01184407

Elizalde 1,

01206 Barrundia,

Álava

A condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas.

4.2.2015; 18.55.00; A-52; 202

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

OU-00266-I-2015

0123-CYP

Axente de inspección OU/015

Contrucciones y Reformas Jp Teixeira, S.L.U.

B27744432

Rúa Ervedelo, 32, local 6,

32002 Ourense,

Ourense

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

21.11.2014; 13.08.00; estrada de Seixalbo; 0,900

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

OU-00272-I-2015

3976-GDB

Axente de inspección OU/015

Transportes y Hormigones Silvota, S.L.

B33544396

Peña Salón, Pg. Silvota,

parcela 38, nave A,

33192 Llanera,

Asturias

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

21.11.2014; 11.52.00; N-120; 567

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

OU-00286-O-2015

8281-HJC

Garda Civil 3201 I12849B

Instal. de Comercios y Oficinas de Ourense, S.L.

B32180192

Rúa Oito, 8, 2ª fase, parcela 19,

32911 San Cibrao das Viñas,

Ourense

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a mma total en vehículos con mma ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 13 %.

4.2.2015; 09.14.00; N-525; 226

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

400 euros

OU-00453-O-2015

5713-FNK

Garda Civil 3201 A47914C

Agroindustrial de Xinzo, S.L.

B32336562

Parque Empresarial, 7,

32650 Vilar de Santos,

Ourense

O exceso igual ou superior ao 2,5 por cento e inferior ao 10 por cento sobre a mma total en vehículos con mma superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 5 %.

24.3.2015; 19.22.00; OU-531; 4,0

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

333 euros