Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 22 de outubro de 2015, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00128-O-2015 e cinco máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador LU-00128-O-2015 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informados de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2015

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-pq.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00128-O-2015

2553-HTR

Garda Civil 2704 I64330I

Transportes Javier GarcÍa Santos, S.L.

B15853740

Regueiro Escuro, 9, San Pedro de Nós,

15176 Oleiros,

A Coruña

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

9.1.2015; 07.58.00; N-VI; 543,8

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

LU-00744-O-2015

1880-HYB

Garda Civil 2701 F02025Q

Anesa Pack, S.L.

B32450371

Rúa Curros Enríquez, 00009, 3 A,

32003 Ourense,

Ourense

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

12.3.2015; 08.09.00; A-6; 500,0

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-01000-O-2015

9000-DHG

Garda Civil 3601 N04453S

Trelles Padín, José Carlos

35309241D

José Malvar Figueroa, 35, 4º A,

36002 Meaño, Pontevedra

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP, se o obtén no prazo de seis (6) meses desde a data da denuncia.

20.1.2015; 18.01.00; PO-531; 8,7

Art. 141.25 en relación co art. 140.18 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra e) LOTT

601 euros

PO-01245-O-2015

9142-GSJ

Garda Civil 3603 A23980M

Transpobedasa 2012, S.L.

B94066073

Valbón, Agudelo, 13,

36191 Barro,

Pontevedra

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

4.2.2015; 07.48.00; A-52; 278,3

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-01123-O-2015

1764-DVN

Garda Civil 1500 M99561Y

Transportes Queijo, S.L.

B15725716

Entrerríos, Bértoa,

15100 Carballo,

A Coruña

A condución durante máis de cinco horas, aínda que sen superar as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas.

9.12.2014; 09.45.00; SC-20; 2,1

Art. 141.24.3 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-01375-O-2015

5019-DSL

Garda Civil 1501 I92933X

Jotri Galicia, S.L.

B70198858

Pablo Picasso, 4-6º A,

15189 Culleredo,

A Coruña

Atenuante. A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

13.2.2015; 16.35.00; N-550; 27,0

Art. 141.25 en relación co art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra d) LOTT

401 euros