Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do contrato dun servizo de deseño, elaboración e difusión dunha campaña de publicidade 2015 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (75 %) (expediente 45/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de deseño, elaboración e difusión dunha campaña de publicidade 2015 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23207

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 154, do 14 de agosto de 2015.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e documentalmente simplificado. Procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 173.276,03 €, IVE (21 %): 36.387,97 €. Importe total: 209.664 €.

Valor estimado: 173.276,03 €.

5. Financiamento: expediente cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), medida 511. Porcentaxe de cofinanciamento: 75 % Feader-25 % Estado membro.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 8 de outubro de 2015.

b) Adxudicataria: Canal Uno de Comunicación, S.L.

c) Importe: 169.943,80 € (sen IVE), IVE (21 %): 35.688,20 €. Importe total: 205.632 €.

d) Data de formalización do contrato: 9 de outubro de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2015

María del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural