Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43777

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2015 pola que se convoca a provisión, mediante libre designación, do posto de Secretaría da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado, vacante no cadro de persoal funcionario de administración e servizos desta universidade.

Estando vacante o posto de Secretaría da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado que, de acordo coa vixente relación de postos de traballo, debe ser provisto mediante libre designación, e

Consonte o disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

En uso das atribucións conferidas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

Esta reitoría

RESOLVEU:

Primeiro. Convocar a provisión polo sistema de libre designación do seguinte posto de traballo:

Posto de traballo

Grupo

Nivel C.D.

Localidade

Quenda

Secretaría da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

C1/C2

20

Vigo

Mañá

Segundo. Poderá optar á súa provisión o persoal funcionario de carreira de administración destinado na Universidade de Vigo calquera que sexa a súa situación administrativa, agás o suspenso en firme e sempre que na data de remate do prazo de presentación de solicitudes pertenza a algún corpo ou escala integrado nos subgrupos de clasificación indicados.

Terceiro. As persoas interesadas deben presentar a súa solicitude axustada ao modelo que figura como anexo, dirixíndoa ao reitor da Universidade de Vigo dentro do prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes de participación poderán presentarse nos rexistros xeral ou auxiliares desta universidade, así como segundo o previsto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto. A solicitude deberá ir acompañada dun curriculum vitae comprensivo dos datos persoais, anos de servizo, postos desempeñados na Administración, títulos académicos, estudos e cursos realizados, e calquera outro mérito que se considere oportuno achegar.

Quinto. O prazo para tomar posesión do destino definitivo obtido nesta convocatoria será de tres (3) días hábiles, se non implica cambio de residencia ou de sete (7) días hábiles se o comportase.

O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se fixará na resolución que poña fin a este proceso selectivo.

Sexto. Todos os restantes actos que integren este procedemento publicaranse, cando corresponda, no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral e no seguinte enderezo electrónico: http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PAS/emprego/internas/funcionario/libre/index.html

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Ou ben, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 10 de novembro de 2015

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN LIBRE DESIGNACIÓN (R.R. do 10.11.15)

NOME E APELIDOS

DNI

CORPO OU ESCALA

SUBGRUPO DE PERTENZA

GRAO PERSOAL CONSOLIDADO

CENTRO/UNIDADE

LOCALIDADE

TELÉFONO E CORREO ELECTRÓNICO

POSTO SOLICITADO

A persoa que asina abaixo solicita ser admitida á convocatoria a que se refire esta instancia e DECLARA que son certos os datos consignados nela, que reúne as condicións requiridas especificamente por esta convocatoria e que se compromete a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

........................, ....... de .......................... de 201..

(sinatura)

Reitor da Universidade de Vigo