Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44555

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión de postos de traballo singularizados nas oficinas fiscais de Galicia, convocado pola Resolución do 13 de xullo de 2015.

Visto o expediente instruído para a provisión mediante concurso específico de méritos de postos de traballo singularizados nas oficinas fiscais de Galicia, convocado pola Resolución do 13 de xullo de 2015 (Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial del Estado do 28 de xullo), e de conformidade co disposto no título VIII da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e no capítulo II do título III e disposición derrogatoria única do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro

Resolver a adxudicación de postos de traballo contidos no anexo desta resolución.

Segundo

A toma de posesión producirase no momento da entrada en funcionamento da nova oficina fiscal.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación ou ben recurso potestativo de reposición ante este mesmo centro directivo no prazo dun mes.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2015

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Denominación
do posto

Centro de destino

Localidade

Adxudicatario/a

DNI

Corpo

Coordinador/a III

Fiscalía Superior

A Coruña

María Pilar Rubido Pérez

32750544Q

CXPA

Coordinador/a I

Fiscalía Provincial

A Coruña

María Teresa Cayazzo Iglesias

50683578L

CXPA

Coordinador/a II

Fiscalía Provincial

Lugo

María Luisa Pumariño Puga

33836505D

CXPA

Coordinador/a II

Fiscalía Provincial

Ourense

Ana González González

34976989S

CXPA

Coordinador/a I

Fiscalía Provincial

Pontevedra

Susana Posse Arenas

33266920L

CXPA

Coordinador/a III

Fiscalía de Área

Ferrol

Félix Dopico Babío

32641579W

CXPA

Coordinador/a II

Fiscalía de Área

Santiago de Compostela

Inmaculada Delgado Delgado

03431803L

CXPA

Coordinador/a I

Fiscalía de Área

Vigo

María Isabel Ruiz Reiriz

36042556S

CXPA

Responsable de Estatística, Rexistro e Calidade III

Fiscalía Superior

A Coruña

Emilio Castro Bolaño

34246893P

CTPA

Responsable de Estatística, Rexistro e Calidade I

Fiscalía Provincial

A Coruña

Alfonso Blanco Rodríguez

10831793N

CTPA

Responsable de Estatística, Rexistro e Calidade I

Fiscalía Provincial

Pontevedra

Raquel Teijeiro Fernández

76911186Z

CTPA