Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44847

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (604/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 604/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Francisco Santos Dios contra a empresa Project Silicom Energy, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Decido que estimando integramente a demanda interposta por Juan Francisco Santos Dios contra Project Silicom Energy, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a que aboe ao demandante a suma de 17.446,20 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade desde a data de interposición da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Project Silicom Energy, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2015

A secretaria xudicial