Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45824

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribadeo (expediente IN407A 2015/79-2, 8272 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: saídas RBTA/RBTS do CTC Siñeira (CD 10714).

Situación: concello de Ribadeo.

Características técnicas:

1. Centro de transformación prefabricado Siñeira (CD 10714), cunha potencia proxectada de 630 kVA, unha potencia instalada de 160 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V.

2. Liña aérea de baixa tensión do centro de transformación caseta Siñeira (CD 10714), con orixe nun paso aéreo a soterrado e final na rede de baixa tensión existente, cunha lonxitude de 685 metros en condutor tipo RZ.

3. Liña aérea de baixa tensión do centro de transformación intemperie Coto Siñeira (CD 4887), con orixe no apoio proxectado nº 6, cunha lonxitude de 340 metros en condutor tipo RZ.

4. Liña soterrada de baixa tensión do centro de transformación caseta (CD 10714), con orixe no centro de transformación caseta Siñeira e final no paso aéreo a soterrado, cunha lonxitude de 260 metros en condutor tipo RV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 13 de novembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo