Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 14 de decembro de 2015 Páx. 46877

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO da convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas áreas de rexeneración e renovación urbanas declaradas ARI nos barrios da Magdalena-Ferrol Vello, A Graña e Esteiro Vello dentro do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

Con data do 23.11.2015 ditou resolución a concelleira delegada de Obras, Vivenda e Rehabilitación, Medio Ambiente e Sanidade, aprobada pola concelleira titular da Área de Urbanismo, Medio Ambiente e Servizos, no cal se aprobaron as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas áreas de rexeneración e renovación urbanas declaradas ARI nos barrios da Magdalena-Ferrol Vello, A Graña e Esteiro Vello, redactadas pola Oficina Municipal de Rehabilitación o 13.11.2015, para os efectos de dar cumprimento aos convenios asinados nesta materia entre o Ministerio de Fomento, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda e o Concello de Ferrol, aprobados no Pleno do 29.10.2015.

O texto íntegro da convocatoria publícase no BOP e na páxina web do Concello e poderá consultarse nas dependencias de Urbanismo do Concello de Ferrol, rúa María 52-54, 5º andar, das 9.00 ás 14.00 horas. Os anuncios da convocatoria publicarase no DOG, no taboleiro de anuncios e en dous periódicos de maior difusión da provincia (La Voz de Galicia e Diario de Ferrol).

O prazo de achega das solicitudes é de trinta e cinco días hábiles (35 días), e presentaranse xunto coa documentación preceptiva descrita na convocatoria mediante o impreso normalizado no Rexistro do Concello ou por calquera medio dos admitidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O dito prazo comenzará a computar desde o día seguinte á data da última publicación.

Ferrol, 24 de novembro de 2015

P.D. (Resolución do 29.6.2015; BOP do 9 de xullo)
María Fernández Lemos
Concelleira delegada titular da Área de Urbanismo, Medio Ambiente e Servizos