Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 15 de decembro de 2015 Páx. 46936

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2015 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos nas probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como a composición do tribunal cualificador, e a data, a hora e o lugar de realización das probas.

De conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de xaneiro de 2010 pola que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), e na disposición derradeira primeira da Orde do 13 de outubro de 2015 pola que se convocan probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 199, do 19 de outubro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos nas probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Orde do 13 de outubro de 2015 (DOG núm. 199, do 19 de outubro).

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.es .

A listaxe definitiva de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Composición do tribunal cualificador.

1. O tribunal cualificador das probas correspondentes a esta convocatoria está formado polos seguintes membros:

– Tribunal titular:

Presidente: Ramón Quiroga Limia.

Secretaria: Mónica María Castro Pérez.

Vogais:

Jesús Lata Buceta.

Constantino Grandío Rivas.

Mercedes Gayoso Gómez.

– Tribunal suplente:

Presidente: Ramón Freire Priegue.

Secretario: Roberto Pérez Fonte.

Vogais:

Guillermina Núñez Rodríguez.

Montserrat Carracedo Goldar.

María Carmen González Otero.

2. A súa actuación e funcionamento rexerase polo disposto para os órganos colexiados na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Desenvolvemento das probas:

Convócanse os/as aspirantes que figuran na listaxe de admitidos para realizar as probas, que terán lugar o vindeiro día 18 de decembro na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, A Estrada.

Proba de coñecementos:

Ás 9.30 horas.

Proba psicolóxica:

Ás 11.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como de bolígrafo de cor azul.

A Estrada, 11 de decembro de 2015

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Nome

Código

Alonso Collazo, Ana María

2

Bastos Veiga, Diego

2

Blanco Alonso, David

2

Blanco Ferrón, David

2

Boullosa Lusquiños, Santiago

5

Bugarín Martínez, Laura

2

Cabrera González, Pedro

2

Capelo Campo, Óscar

2

Carballo Pérez, Xosé Francisco

2

Carril Godoy, Alexis

2

Clenata González, Enrique Luis

2, 3

Costas Bello, Adrián

2

De Carvalho Gonçalves Talala, Antonio João

2

Diong, Moussa

2

Durán Alonso, Alenxandre

2

Estévez Jorge, Eloy

1, 2

Estévez Santos, Iago

2

Fall, Moussa

2

Fernandes Álvaro, Pedro Miguel

2

Fernández Fabello, Manuel

2

Fernández Jorge, David

2

Fernández Sánchez, Alfonso

5

Fernández Vila, José Antonio

2

García Alonso, Alejandro

2

Gestal Paseiro, Miguel Adrián

3

Gil Villaverde, Javier

2

González Méndez, Santiago

2

Guimarey Blanco, Marcial

2

Lorenzo González, Iago

2

Martínez Troitiño, Abel Javier

2

Mato Iglesias, Víctor

2, 3

Mazaira Sánchez, Borja

2

Núñez Malvido, Víctor

1, 2

Pino Landín, Luis Alberto

2

Renda Bouzada, Alejandra

2

Rodríguez Costa, Iñaki

2

Sarasate Pego, Manuel

2

Seijo Ambrosio, Adrián

2

Sio Pereira, Ismael

2

Touza González, Javier

2

Vázquez Pires, Alexandre

2

Veras Liriano, Madonni de Jesús

2

Vicente Posse, Francisco Javier

2

Villar González, José Manuel

2

Código

Descrición

1

Non achega xustificante do pagamento da taxa correspondente

2

Non achega certificado de penais

3

Non achega fotografías tamaño carné

4

Non presenta instancia

5

Documentación incorrecta