Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 18 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lles notifica ás persoas interesadas a resolución de desistencia e arquivamento da solicitude de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 58, 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, mediante esta cédula notifícaselles aos interesados, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, a resolución de desistencia e arquivamento da solicitude de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitada ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o dito rexistro.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación, consonte o previsto no artigo 114 da citada Lei 30/1992.

A eficacia desta cédula quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 18 de novembro de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Credencial

Nome e apelidos

DNI/NIE

Enderezo

CP

Concello

70389

Carmen Conde Requejo

44842257P

Progreso, 9, 3º

36540

Silleda

72203

Esther Enoma Osarugue

X5838333J

Travesía de Vigo, 209, 5º

36207

Vigo