Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2015/77-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT e CT Álvaro Cunqueiro, s/n.

Situación: O Barco de Valdeorras.

Características técnicas: LMT subterránea de 65 m de lonxitude, a 15 kV, con condutor RHZ1 e con orixe na LMT BDV719 procedente do CT Eloy Mira 1-3 (32CFM4) e remate na LMT BDV719 ao CT Calvo Sotelo (32CR88) con entrada e saída no CT proxectado; rúa Dr. Pérez Lista, compacto de 630 kVA e R/T 15.000/400-230 V.

Orzamento: 47.940,74 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, r/ Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 23 de novembro de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense