Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47249

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Sobrado (expediente IN407A 2015/298-1).

Nº de expediente: IN407A 2015/298-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT O Cepo, O Lago e Portocavado.

Concello: Sobrado.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea, a 15 kV, cunha lonxitude de 1,023 km, con orixe en apoio s/n da LMT a CT Guisó da liña MEL-705 (expediente 31.441), condutor tipo LA-56 mm2 e final no novo CT intemperie (proxectado).

Centro de transformación intemperie O Lago, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se xunta a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 20 de novembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/298-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT O Cepo, O Lago e Portocavado.

Concello: Sobrado.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Nº de predio

Lugar

Cultivo

Propietario

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Aro da Cancela

Eucalipto e piñeiral

Hros. José Pandelo Lodeiro. Repr.: José Luis Pandelo Pandelo

1

9

73

1.168

2

Aro da Cancela

Monte baixo

Elvira Santos Vázquez.

Repr.: Ángel Lodeiro Santos

7

70

3

Casas

Monte baixo

José Santos Martínez

11

110

4

Casas

Monte baixo

María Josefa Lodeiro Sanjurjo

18

175

5

Aro da Cancela

Monte baixo e prado

Hros. José María Espantoso Buján

17

167

6

Aro da Cancela

Prado

Vicente Sánchez Morandeira. Repr.: Monserrat Sánchez Villamor

2 (1/2)

1

14

139

7

Aro da Cancela

Prado

María Vidal Amil

2 (1/2)

1

1

13

8

Aro da Cancela

Labradío

Hros. Antonio Veiga Pandero. Repr.: José Antonio Veiga Sánchez

67

668

9

Aro da Cancela

Labradío

Jesús Corral Pazos

6

63

10

Aro da Cancela

Labradío

José López López

7

67

11

Aro da Cancela

Monte baixo

José Antonio Veiga Sánchez

7

66

12

Xunto Pena Longa

Monte alto e baixo

Elvira Santos Vázquez

3

2

109

1.460

13

Aro Pena Longa

Prado

Vicente Sánchez Morandeira

18

184

14

Aro da Cancela

Prado e monte baixo

María Vidal Amil

14

139

15

Pena Longa

Labradío

José Antonio Veiga Sánchez

21

211

16

Pena Longa

Labradío

Hros. Antonio Veiga Pandelo. Repr.: José Antonio Veiga Sánchez

4

2

81

791

17

Pena Longa

Labradío

Vicente Santos Sánchez

5 (1/2)

1

126

850

18

Pena Longa

Prado

María Josefa Lodeiro Sanjurjo

5 (1/2)

1

29

700

19

Revolta

Monte alto

Elvira Santos Vázquez.

Repr.: Ángel Lodeiro Santos

0

4

20

Chousa do Cepo

Labradío e monte alto

Antonio Sánchez Ares e outros

6

2

57

613

21

Monte Mesto

Labradío

Ángel Brañas García

0

50

22

Monte Mesto

Monte alto

Josefa Valiño García

7 e 8 (1/2)

3

129

1990

23

Revolton

Prado

Ángel Brañas García

8 (1/2)

1

47

472

24

Revolton

Monte alto

Hros. Carmen Brañas Pandelo

16

255

25

Revolton

Monte alto

Amable Zas García

9 (1/2)

4.5

20

224

26

Revolton

Labradío

María Ramona Sanjurjo Amil

9 (1/2)

4.5

15

150

27

Revolton

Prado

Hros. Pilar Braña Santos

29

291

28

Revolton

Prado

Mª Concepción Rodríguez Neiro

14

140

29

Revolton

Prado

Vicente García López

10 Centro transf. intem.

9

38

429