Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47286

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión, para os exercicios 2015-2016, á Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa).

De conformidade co previsto no artigo 9.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a unha encomenda de xestión para os exercicios 2015-2016, da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa), coas seguintes características:

– Actividade: execución dunha zona verde na Cidade da Cultura de Galicia, denominada Xardín Literario.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsa a consideración de medio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: o prazo de execución será de dous meses desde o inicio das obras.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2015

Beatriz González Loroño
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia