Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 23 de decembro de 2015 Páx. 48110

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo, non suxeito a regulación harmonizada, de realización da caseta e servizos complementarios para a participación desta axencia en feiras ou certames do ano 2016, licitado polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil de contratante: 26 de xuño de 2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: deseño, realización, decoración, equipamentos, montaxe e desmontaxe, posta en funcionamento, mantemento, limpeza, seguros, transportes e almacenaxe da caseta que utilizará a ATG para a súa presenza nas feiras ou certames de 2016, adaptándoa ás diferentes parcelas, mantendo a uniformidade na imaxe e garantindo a máxima calidade e perfecto acabado en cada unha das accións.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 590.000,00 €.

IVE (21 %): 123.900,00 €.

Importe total IVE incluído: 713.900,00 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 6 de novembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 2 de decembro de 2015.

c) Adxudicatario: Escenoset, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe sen IVE: 572.220,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia