Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 2004/130-1).

Expediente: IN407A 2004/130-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: anexo 1 ao modificado LMTS, CTC e RBT Os Madeiros.

Concello: Culleredo.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,745 km, con orixe en cela de liña do CT Club A Garrocha (expediente 267/10) condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no CT Os Madeiros (proxectado).

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que xunta a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 1 de decembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2004/130-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: anexo 1 ao modificado LMTS, CTC e RBT Os Madeiros.

Concello: Culleredo.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Nº de predio

Lugar

Cultivo

Propietario

Afección de solo en pleno dominio

Centro de transformación + acceso

m2

2

Orro

Labor

Grafoplas del Noroeste, S.A.

CT+acceso

21,51