Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 15 de decembro de 2015 polo que se somete a información pública a solicitude presentada polo Club Náutico Isla de La Toja para a modificación da concesión administrativa con destino á construción e explotación de instalacións para a náutica recreativa no porto da Toxa (expediente 13-40-07-C-1).

O día 14.12.2015 o presidente de Portos de Galicia, con base no artigo 88.2 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, acordou iniciar o trámite da modificación da concesión administrativa transmitida ao Club Náutico Isla de La Toja por resolución do día 1.6.2015 con destino á construción e explotación de instalacións para a náutica recreativa no porto da Toxa, segundo a documentación presentada pola empresa concesionaria Club Náutico Isla de La Toja.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na páxina web www.portosdegalicia.com .

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia