Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx. 2354

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2016, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos/as, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 22 de outubro de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 5 de marzo de 2015 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos/as, modificado pola Orde do 24 de xullo de 2015 (DOG núm. 142, do 29 de xullo),

ACORDOU:

Primeiro. Declarar todos/as os/as aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentos da realización do cuarto exercicio por teren presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.2.4 da convocatoria.

Segundo. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

De conformidade coa base IV.3, se teñen a condición de funcionarios/as de carreira da Administración da Xunta de Galicia estarán exentos/as de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento, para o que deberán presentar certificación do servizo de persoal da consellería ou organismo de que dependen para acreditar tal condición.

Terceiro. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os/as aspirantes que figuran nela sexan propostos/as para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2016

Roberto Carlos Pena Puentes
Presidente do tribunal

ANEXO
Proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da
Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos/as

Relación de aspirantes que superan o proceso selectivo

DNI

Apelidos e nome

Primeiro exercicio

Segundo exercicio

Terceiro exercicio

Cuarto exercicio

Total

1

34887427S

Álvarez Asorey, Rubén Darío

15,66

13,33

13,58

Exento

42,57