Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2797

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 247, do martes 29 de decembro de 2015, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 48993, artigo 16.5.A, letra e), onde di: «e) Documentación acreditativa (fotografías ou documentos equivalentes) do cumprimento das obrigas a que se refire o artigo 17, letra j) desta orde», debe dicir: «e) Documentación acreditativa (fotografías ou documentos equivalentes) do cumprimento das obrigas a que se refire o artigo 17, letra k) desta orde».

Na páxina 48997, artigo 20.4, segundo parágrafo, onde di: «Procederá o reintegro total das axudas concedidas ao abeiro desta orde no suposto de non cumprir co prazo indicado no artigo 17, letra m).», debe dicir: «Procederá o reintegro total das axudas concedidas ao abeiro desta orde no suposto de non cumprir co prazo indicado no artigo 17, letra n).».

Na páxina 48998, artigo 20.6, onde di: «O incumprimento da obriga establecida no artigo 17º letra j) dará lugar ao reintegro parcial do 2 % da axuda concedida.», debe dicir: «O incumprimento da obriga establecida no artigo 17, letra k) dará lugar ao reintegro parcial do 2 % da axuda concedida.».

Na páxina 49004 no anexo I (continuación), no primeiro recadro, onde di: «9. Que se compromete a darse de alta como persoa traballadora autónoma por conta propia no correspondente réxime da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional no prazo sinalado na resolución de concesión con data límite do 30 de setembro de 2015», debe dicir: «9. Que se compromete a darse de alta como persoa traballadora autónoma por conta propia no correspondente réxime da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional no prazo sinalado na resolución de concesión con data límite de 30 de setembro de 2016».

Na páxina 49005 no anexo I (continuación), no terceiro recadro, onde di: «Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, con cargo ao Programa operativo FSE 2014-2020 e se procede á súa convocatoria para o ano 2016», debe dicir: «Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, con cargo ao Programa operativo FSE 2014-2020 e se procede á súa convocatoria para o ano 2016».