Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3450

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Pobra de Trives (expediente IN408A 2015/04-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Iberdrola Generación, S.A.U.

Domicilio social: rúa Circunvalación, nº 17, 32350 A Rúa.

Denominación: reforma do sistema 20 kV estación de bombeo CH Ponte Bibei.

Situación: A Pobra de Trives (Ourense).

Características técnicas:

Instalación de dúas celas blindadas de media tensión, prefabricadas baixo envolvente metálica con illamento en aire, asociadas unha á posición de chegada de liña (cela de remonte) e a outra á de acometida ao transformador de potencia TEB (cela con interruptor extraíble), coa correspondente modificación das liñas eléctricas de acometidas, lonxitude 10 m, con condutor modelo Eprotenax DHV de 70 mm2 de sección.

Localización: estación de bombeo da central hidráulica de Ponte Bibei, p.q. 8 da estrada OU-636, na marxe esquerda do río Bibei.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen perxuizo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 4 de xaneiro de 2016

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Juan Ramón Velasco González
Xefe do Servizo de Administración Industrial de Ourense