Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3327

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Política Social

DECRETO 5/2016, do 28 de xaneiro, polo que se nomea director xeral de Inclusión Social a Arturo Parrado Puente.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Política Social, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e oito de xaneiro de dous mil dezaseis,

Nomeo director xeral de Inclusión Social a Arturo Parrado Puente.

Santiago de Compostela, vinte e oito de xaneiro de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social