Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4036

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2016, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 27 de xaneiro de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 23 de marzo de 2015 (DOG núm. 62, do 1 de abril), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 99, do 26 de maio),

ACORDOU:

Primeiro. Declarar a todos/as os/as aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentos da realización do cuarto exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.2.4 da convocatoria.

Segundo. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

De conformidade coa base IV.3, se teñen a condición de funcionarios/as de carreira da Administración da Xunta de Galicia estarán exentos/as de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento e deberán presentar certificación do servizo de persoal da consellería ou organismo de que dependa para acreditar tal condición.

Terceiro. Elevar esta relación ao titular da Dirección xeral da Función Pública para os efectos de que os/as aspirantes que figuran nela sexan propostos/as para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2016

María Sol González Regal
Presidenta do tribunal

ANEXO
Proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior
da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos,
bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas

Quenda de promoción interna:

DNI

Apelidos e nome

Primeiro exercicio

Segundo exercicio

Terceiro exercicio

Cuarto exercicio

Total

32769459W

Recamán Solla, Fernando

12,32

10,22

16

Exento

38,54

Quenda de acceso libre:

DNI

Apelidos e nome

Primeiro exercicio

Segundo exercicio

Terceiro exercicio

Cuarto exercicio

Total

35457502N

Torres Junquera, Jesús

13,66

11,88

12,67

Exento

38,21

46903484K

Benítez Acosta, María

11,97

11,22

15

Exenta

38,19

33541540L

Luíña López, Alexia

12,39

13,12

11,67

Exenta

37,18

76414665V

Mosquera Souto, Alejandra Mª

12,39

14,56

10

Exenta

36,95

32692665M

García Parga, Ángela Cristina

10,56

10,78

13,67

Exenta

35,01

44834065G

Romero Castro, Lorenzo

13,23

10,34

11,33

Exento

34,90