Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2016 Páx. 4227

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se notifica a resolución do expediente RRO/DC/2013/00113, devolta polo servicio de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Rolando Cambón Rojo a Resolución do 17 de setembro de 2015 do expediente RRO/DC/2013/00113.

En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O presente anuncio remítese, así mesmo, ao concello correspondente ao último domicilio coñecido do interesado en aplicación do articulo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, co obxecto de que se proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución que é definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10.1.m) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da comparecencia ou o da publicación no Boletín Oficial del Estado conforme co disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998, do 13 de xullo; sen prexuízo de que con carácter previo e potestativo poida presentar recurso de reposición ante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio no prazo dun mes, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2016

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio