Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2016 Páx. 4597

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 5 de febreiro de 2016 pola que se modifica a Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e Sofor, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016.

A Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e Sofor, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, debe ser modificada para adecuala á normativa vixente, o que implica que o solicitante debe achegar diversa documentación extra.

Tamén se modifica o prazo de remate e xustificación dos traballos subvencionados, que pasa de 3 a 4 meses, ademais realízanse unha serie de correccións para mellorar o contido da orde. Dada a natureza destas modificacións, o prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Consecuentemente con todo o anterior, esta consellería, no exercicio das facultades conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPÓN:

Artigo único. Modificación da Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e Sofor, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016.

A Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e Sofor, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016, queda modificada como segue:

Un. No artigo 5 debe incluírse o seguinte punto:

«q) Os montes con superficies superiores a 25 hectáreas en couto redondo deben contar cun plan técnico, proxecto de ordenación, plan de xestión en que se considere a realización dos traballos solicitados ao abeiro da presente orde, ou presentar xunto coa solicitude de axuda unha copia da súa adhesión aos modelos silvícolas, de acordo co establecido na disposición transitoria segunda do Decreto 52/2014 e segundo a Orde de 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia».

Dous. No artigo 8 debe incluírse o seguinte punto:

«7. Xunto coa solicitude deberá presentarse xustificación de que os montes con superficies superiores a 25 hectáreas en couto redondo contan cun plan técnico, proxecto de ordenación, plan de xestión en que se considere a realización dos traballos solicitados ou unha copia da súa adhesión aos modelos silvícolas, de acordo co establecido na disposición transitoria segunda do Decreto 52/2014 e segundo a Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia».

Tres. O artigo 14.5 queda redactado como segue:

«5. A información alfanumérica asociada á entidade vectorial deberá seguir as seguintes características:

Nome do campo

Características

Observacións

Cód_expdte.

Alfanumérico (varchar) de 13 díxitos

Código completo do expediente de axudas

Prov.

Numérico enteiro de dos díxitos

Segundo códigos Sixpac 2015

Muni.

Numérico enteiro de cinco díxitos

Segundo códigos Sixpac 2015 (provincia + municipio)

Agre.

Numérico enteiro de tres díxitos

Agregado segundo Sixpac 2015

Zona

Numérico enteiro de tres díxitos

Zona segundo Sixpac 2015

Políg.

Numérico enteiro de seis díxitos

Polígono segundo Sixpac 2015

Parc.

Numérico enteiro de once díxitos

Parcela segundo Sixpac 2015

Rec.

Numérico enteiro de once díxitos

Recinto segundo Sixpac 2015

Sup._rec.

Numérico decimal de ate 4 decimais

En hectáreas

Mouteira

Alfanumérico (varchar) de 5 díxitos

Identificación da mouteira: 1, 2... (posibilidade de incluír letras nunca acentuadas)

Act.

Alfanumérico (varchar) de 40 díxitos

Código segundo cadro adxunto. Incluirase unha ou varias actuacións. No caso de seren varias, separaranse os códigos mediante un guión medio (-) sen espazos e a serie comezará co código menor de forma ascendente ata o código de máis valor.

Sup_mouteira

Numérico decimal de ate 4 decimais

En hectáreas

Esta información deberá ser plenamente coincidente cos datos dispostos no anexo IV».

Catro. Suprímese o número 3 do artigo 16.

Cinco. O artigo 20.2 queda redactado como segue:

«2. O prazo máximo para o remate e xustificación dos traballos será 4 meses desde a notificación da resolución de aprobación da subvención e como máximo ata o 31 de outubro do ano 2016».

Seis. O artigo 31.5.b.1º queda redactado como segue:

«b) Faixas auxiliares de pista.

1º. Consistirá na eliminación nas marxes de vías e camiños forestais, do estrato arbustivo e subarbustivo, ata os 2,50 metros en cada marxe, incluíndo a roza de gabias e noiros, sempre que sexa tecnicamente viable. Tamén se poderá incluír a plataforma do camiño se é necesario conforme o artigo 32».

Sete. O artigo 31.7 queda redactado como segue:

«7. A superficie mínima que se solicitará para todas as devanditas actuacións será de 5 ha e a máxima de 30 ha, para expedientes con CMVMC, mancomunidades ou agrupacións de CMVMC de menos de 1.000 ha clasificadas como MVMC e de 40 ha como máximo, para expedientes en que a devandita superficie sexa maior o igual a 1.000 ha e as Sofor. Estes máximos poderán incrementarse ata 50 has no primeiro caso, sempre que polo menos se soliciten 10 ha para roza mecanizada en rexenerado forestal natural e ata 60 ha para o segundo caso, sempre que, polo menos, se soliciten 20 ha para roza mecanizada en rexenerado forestal natural».

Oito. O prazo para a presentación das correspondentes solicitudes, previsto no número 6 do artigo 8 da Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e Sofor, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016, entenderase que remata no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde de modificación no Diario Oficial de Galicia, entendendo como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día desta publicación.

Disposición derradeira única

Esta orde producirá efectos desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2016

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural