O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Darlles publicidade as seguintes relacións de convenios que se incorporan como anexo a esta resolución:
– Convenios subscritos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2015.
– Addenda a dous convenios, pendente de publicar, subscrita no mes de agosto de 2015.
– Convenios subscritos pola extinta Consellería de Traballo e Benestar, Área de Traballo, no último cuadrimestre do ano 2015.
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2016
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2015.
Convenio |
Data de sinatura |
Importe |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Áridos (AGA) para a asistencia dunha delegación do sector dos agregados de Galicia ao IV Congreso Nacional de Áridos. |
10.9.2015 |
16.400,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Clúster da Pizarra de Galicia para a elaboración dunha publicación divulgativa sobre a lousa e a súa difusión no mercado nacional. |
10.9.2015 |
60.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Clúster da Pizarra de Galicia para a realización de actuacións de mellora en relación cos proxectos demostrativos de loita contra o po de sílice. |
1.10.2015 |
200.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación Feiras e Exposicións de Lugo para o financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción, no Pazo de Feiras e Congresos da cidade de Lugo. |
13.10.2015 |
130.088,67 € |
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Ourense para a mellora da praza de abastos nº 1 de Ourense. |
30.10.2015 |
Sen achega económica |
Convenio de colaboración entre o Ministerio de Emprego e Seguridade Social e a Consellería de Economía, Emprego e Industria para establecer as bases necesarias para o funcionamento por medios electrónicos do depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais. |
10.12.2015 |
Sen achega económica |
Convenio entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Ministerio de Emprego e Seguridade Social contra o emprego non declarado. |
18.12.2015 |
Sen achega económica |
Addenda subscrita no mes agosto de 2015.
Convenio |
Data de sinatura |
Importe |
Segunda addenda aos dous convenios de colaboración subscritos o 4.10.2010 e o 25.6.2012, entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a empresa Repsol Butano, S.A. para o desenvolvemento de redes de distribución de GLP en núcleos de poboación, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder 2007-2013. |
31.8.2015 |
Sen achega económica |
Convenios de colaboración subscritos pola extinta Consellería de Traballo e Benestar, Área de Traballo, nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2015.
Convenio |
Data de sinatura |
Importe |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade La Voz de Galicia, S.A. para a elaboración e difusión no xornal La Voz de Galicia de actuacións divulgativas relacionadas con temas e acción de emprego e formación da Dirección Xeral de Emprego e Formación. |
24.9.2015 |
70.000,00 € |
Addenda ao convenio de colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) para o desenvolvemento dun programa de asesoramento a empresas cooperativas do sector agroalimentario galego. |
25.9.2015 |
19.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e os concellos de Dodro, Padrón, Rois e Valga para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social. |
30.9.2015 |
Sen achega económica |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Santiado de Compostela, para a realización de actividades no Centro de Estudios Cooperativos (Cecoop). |
30.9.2015 |
18.800,00 € |