Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2016 Páx. 5129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se dá publicidade á situación patrimonial de membros do Consello da Xunta en cumprimento do Acordo do 10 de abril de 2014.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do 10 de abril de 2014, acordou a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido das declaracións de bens patrimoniais dos membros da Xunta de Galicia a que se refire o artigo 10.5 da Lei 9/1996, do 18 de outubro, de incompatibilidades dos membros da Xunta de Galicia e altos cargos da Administración autonómica, tanto tras o seu nomeamento como tras o seu cesamento, e referida a ese momento, reflectida no modelo que se xuntou como anexo ao acordo.

En virtude do Decreto 122/2015, do 4 de outubro (DOG núm. 190, do 5 de outubro), Beatriz Mato Otero tomou posesión no cargo de conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e completou e presentou o anexo no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

En virtude do Decreto 123/2015, do 4 de outubro (DOG núm. 190, do 5 de outubro), Ethel María Vázquez Mourelle tomou posesión no cargo de conselleira de Infraestruturas e Vivenda, e completou e presentou o anexo no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

En virtude do Decreto 124/2015, do 4 de outubro (DOG núm. 190, do 5 de outubro), Francisco José Conde López tomou posesión no cargo de conselleiro de Economía, Emprego e Industria, e completou e presentou o anexo no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

En virtude do Decreto 125/2015, do 4 de outubro (DOG núm. 190, do 5 de outubro), Jesús Vázquez Almuíña tomou posesión no cargo de conselleiro de Sanidade, e completou e presentou o anexo no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

En virtude do Decreto 126/2015, do 4 de outubro (DOG núm. 190, do 5 de outubro), José Manuel Rey Varela tomou posesión no cargo de conselleiro de Política Social, e completou e presentou o anexo no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

En virtude do Decreto 127/2015, do 4 de outubro (DOG núm. 190, do 5 de outubro), Ángeles Vázquez Mejuto tomou posesión no cargo de conselleira do Medio Rural, e completou e presentou o anexo no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

En virtude do Decreto 128/2015, do 4 de outubro (DOG núm. 190, do 5 de outubro), Rosa María Quintana Carballo tomou posesión no cargo de conselleira do Mar, e completou e presentou o anexo no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido dos anexos presentados para tal efecto, comprensivos da situación patrimonial que declaran no momento do seu nomeamento, e que se publican como anexo a este anuncio.

Tal e como consta no referido modelo anexo aprobado polo acordo do Consello de la Xunta de Galicia:

1. Non se inclúen os seguros de vida.

2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Titular do cargo: Beatriz Mato Otero.

Cargo público orixe da declaración: conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Motivo: toma de posesión.

I. Activo:

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 125.000 €.

2. Valor total doutros bens: 30.000 €.

3. Total: 155.000 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 250.000 €.

Titular do cargo: Ethel María Vázquez Mourelle.

Cargo público orixe da declaración: conselleira de Infraestruturas e Vivenda.

Motivo: toma de posesión.

I. Activo:

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 89.900,28 €.

2. Valor total doutros bens: 18.112,62 €.

3. Total: 108.012,90 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 53.340,91 €.

Titular do cargo: Francisco José Conde López.

Cargo público orixe da declaración: conselleiro de Economía, Emprego e Industria.

I. Activo:

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 83.886,20 €.

2. Valor total doutros bens: 26.130,85 €.

3. Total: 110.017,05 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 126.935 €.

Titular do cargo: Jesús Vázquez Almuíña.

Cargo público orixe da declaración: conselleiro de Sanidade.

I. Activo:

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 147.077,084 €.

2. Valor total doutros bens: 52.019,89 €.

3. Total: 199.096,974 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 5.770,86 €.

Titular do cargo: José Manuel Rey Varela.

Cargo público orixe da declaración: conselleiro de Política Social.

I. Activo:

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 73.838,24 €.

2. Valor total doutros bens: 12.352,71 €.

3. Total: 86.190,95 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 97.263,85 €.

Titular do cargo: Ángeles Vázquez Mejuto.

Cargo público orixe da declaración: conselleira do Medio Rural.

I. Activo:

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 1.502,53.

2. Valor total doutros bens: 110.564,50 €.

3. Total: 112.067,03 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.):

Titular do cargo: Rosa María Quintana Carballo.

Cargo público orixe da declaración: conselleira do Mar.

I. Activo:

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 37.484,54 €.

2. Valor total doutros bens: 17.255,25 €.

3. Total: 54.739,79 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 66.089,31 €.