Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2016 Páx. 5759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN407A 2015/560-1).

Número expediente: IN407A 2015/560-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT lugar de Manlle.

Concello: Vimianzo.

Características técnicas:

Instalación do apoio nº 79/1 na liña de media tensión aérea VIM-802, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,187 km (condutor que hai que retensar), entre os apoios nº 79 e nº 80 existentes da LMT VIM-802 (expediente 34856), no tramo entre a derivada ao CT Manlle e a derivada ao CT Gándara (expediente 51686).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 1 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña