Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2016 Páx. 6464

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2016 pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, do servizo de seguimento das noticias e dos anuncios oficiais relativos e de interese nos medios de comunicación escritos de ámbito galego e nacional (expediente 01/2016 SXT).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica (Servizo de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 981 54 55 22 e 981 54 55 23.

5º. Telefax: 981 54 49 49.

6º. Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.economiaeindustria.xunta.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 01/2016 SXT.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: seguimento das noticias e dos anuncios oficiais relativos e de interese para a Consellería de Economía, Emprego e Industria nos medios de comunicación escritos de ámbito galego e nacional.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: será dun ano que se contará a partir do día seguinte ao da sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 98300000-6 (servizos diversos).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 58.080 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 29.040 euros. Importe total: 35.138,40 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberá acreditarse nos termos establecidos nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas as dúas do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

9. Apertura de ofertas (sobres A e B).

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa por parte da mesa de contratación.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación económica e técnica relativa a aspectos cuantitativos; é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B.

10. Gastos de publicidade: correrán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no DOG. O prezo da publicación será de 5,42 euros por liña.

11. Outras informacións.

Para os efectos de comprobar o estrito cumprimento dos pagamentos que o contratista adxudicatario debe facer aos posibles subcontratistas, o contratista remitiralle ao órgano de contratación, no caso de que llo solicite, a documentación citada na cláusula 18 do PCAP. As obrigas, tanto de presentar a dita documentación como a do cumprimento dos prazos de pagamento ao/aos subcontratista/s, consideraranse condicións esenciais de execución e o seu incumprimento dará lugar á aplicación das penalidades establecidas na cláusula 13.3.b) do PCAP.

Poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23974

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2016

P.D. (Orde 10.12.2014; DOG núm. 3, do 7 de xaneiro de 2015)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria