Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2016 Páx. 6499

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

ORDE do 3 de febreiro de 2016 pola que se aproba a conta xeral de liquidación e se distribúe o caudal hereditario remanente da herdanza intestada de María Domínguez González.

Antecedentes:

Mediante comunicación da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga), do 22 de xuño de 2007, iniciouse o procedemento para o recoñecemento da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de María Domínguez González, con DNI 35857872K, de acordo co disposto nos artigos 267 e seguintes da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, que regulan a sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, norma de aplicación neste caso dada a data de finamento da causante, 16 de maio de 2007, en Vigo.

Mediante Auto do 18 de decembro de 2009, do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, declarouse a Comunidade Autónoma de Galicia única herdeira ab intestato da causante, María Domínguez González, así como da súa nai e irmá, Luísa Domínguez Domínguez e Luisa Domínguez González.

O 11 de xuño de 2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se lle daba publicidade á apertura do prazo de información pública do expediente de sucesión intestada, sen que conste que se presentasen solicitudes por parte de beneficiarios da herdanza.

Fundamentos xurídicos:

– Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

– Lei 15/2015, do 2 de xullo, da xurisdición voluntaria.

– Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento da Lei de patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime administrativo das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

– Código civil.

Unha vez adoptadas pola Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio as oportunas medidas de conservación e administración, presentada a conta xeral de liquidación da herdanza e feitas as correspondentes propostas de distribución do caudal hereditario,

RESOLVO:

Primeiro. Estimar conforme a seguinte conta xeral de liquidación da herdanza de María Domínguez González:

a) Bens e dereitos:

– Tesouraría:

Abanca número c/c: 20805053613000138980........................................15.767,79 euros.

Total de bens e dereitos...........................................................................15.767,79 euros.

b) Obrigas e débedas:

– Non constan.

Total obrigas e débedas...................................................................................0,00 euros.

Total líquido (bens e dereitos-obrigas e débedas)..................................15.767,79 euros.

Segundo. Aprobar a conta xeral de liquidación da herdanza intestada de María Domínguez González, por importe de 15.767,79 euros, e dispor a súa aplicación a establecementos de asistencia social ou institucións culturais, preferentemente e nesta orde, radicados no lugar da derradeira residencia da causante, no municipio de Vigo, na súa comarca e, en todo caso, en territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ante este órgano administrativo, de conformidade cos artigos 107, 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; ou ben presentar directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto nos artigos 46, 10 e 14 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que o interesado considere exercer calquera outro recurso que coide oportuno.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2016

P.D. (Orde 9.1.2012; DOG núm. 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio
da Consellería de Facenda