Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2016 Páx. 6629

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega de Infraestruturas para a valoración das ofertas técnicas presentadas no expediente de contratación do servizo para a redacción do proxecto básico e de execución da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

De conformidade cos artigos 8.4 e 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas para a valoración das ofertas técnicas presentadas no expediente de contratación do servizo para a redacción do proxecto básico e de execución da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (sobre B), que ten as seguintes características:

– Actividade a que se refire: a Axencia Galega de Infraestruturas realizará o traballo consistente na emisión dun informe técnico de valoración das ofertas presentadas na licitación do servizo para a redacción do proxecto básico e de execución da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (sobre B).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao realizarse entre órganos (Consellería de Infraestruturas e Vivenda e Axencia Galega de Infraestruturas) dotados de personalidade xurídica propia e ser a Axencia Galega de Infraestruturas medio propio e servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos poderes adxudicadores dependentes dela.

– Prazo de vixencia: desde a súa sinatura, que tivo lugar o 12 de febreiro de 2016, ata o 30 de decembro de 2016.

– Supostos en que proceda a finalización anticipada da encomenda: incumprimento total ou parcial dalgunha das partes ou mutuo acordo.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2016

Joaquín Macho Canales
Secretario general técnico da Consellería de Infraestructuras e Vivienda