Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2016 Páx. 6954

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 30 de novembro de 2015 pola que se notifica o inicio da declaración de perda do dereito ao cobramento do proxecto de desenvolvemento dunha estrutura modular para o sistema aéreo non tripulado Centauro Estéreo, correspondente ao expediente IN841C 2012/189, devolto polo servizo de Correos.

A Axencia Galega de Innovación, con data do 27 de agosto de 2015, enviou unha notificación á empresa Tekplus Aerospace, S.L. co fin de comunicarlle o inicio da declaración de perda do dereito ao cobramento do proxecto de desenvolvemento dunha estrutura modular para o sistema aéreo non tripulado Centauro Estéreo, correspondente ao expediente IN841C 2012/189, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. A dita notificación foi devolta polo servizo de Correos e o funcionario indicou «descoñecido». Ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula no Boletín Oficial del Estado e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á entidade beneficiaria o inicio da declaración de perda do dereito ao cobramento que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Tendo en conta o anterior e segundo o artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para facer alegacións e presentar os documentos e xustificantes que consideren pertinentes. Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta axencia, sita na praza de Europa, 10, 3º A, 15707 Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na alínea a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2015

Manuel Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Número de expediente: IN841C 2012/189.

Título: desenvolvemento dunha estrutura modular para o sistema aéreo non tripulado Centauro Estéreo.

Nome ou razón social: Tekplus Aerospace, S.L.

CIF/NIF: B36988228.

Tipo de axuda: apoio ao financiamento de proxectos individuais e colaborativos de innovación tecnolóxica (proxectos CIT). Axudas para proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación correspondentes ao exercicio de 2012 segundo a Orde do 11 de abril de 2012 (DOG do 17 de abril).

Contido do acto: inicio de declaración de perda do dereito ao cobramento IN841C 2012/189.