Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2016 Páx. 7843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se fai pública a formalización do contrato que ten por obxecto o servizo de manutención para o persoal do Punto de Atención Continuada (PAC) de Vigo (expediente AB-EIV1-15-028).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de manutención (xantares e ceas) para o persoal do PAC de Vigo, situado actualmente na rúa Bolivia e na rúa Ponteareas.

c) Lotes: non.

d) CPV: 55300000-3.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 23.12.2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 156.665,14 €.

5. Orzamento base da licitación:

Importe neto: 78.332,57 €. IVE (10 %): 7.833,26 €. Importe total: 86.165,83 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29.1.2016.

b) Data de formalización do contrato: 1.2.2016.

c) Contratista: Adrimial Food, S.L.

d) Importe de adxudicación/prezo unitario: 6 € sen IVE, 6,60 €/IVE incluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Vigo, 2 de febreiro de 2016

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo