Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 9 de marzo de 2016 Páx. 9063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato dos servizos de soporte, instalación e evolución do sistema IANUS para a continuidade e despregamento dos proxectos de innovación H2050 e Innova-Saúde vinculados á historia clínica electrónica (expediente AB-SER1-15-047).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-15-047.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizos de soporte, instalación e evolución do sistema IANUS para a continuidade e despregamento dos proxectos de innovación H2050 e Innova-Saúde vinculados á historia clínica electrónica do Servizo Galego de Saúde, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.7, obxectivo específico 9.7.1.

c) Lote (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72265000-0 e 72266000-7.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

g) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 194, do 9 de outubro de 2015.

Boletín Oficial del Estado nº 246, do 14 de outubro de 2015.

Diario Oficial de la Unión Europea nº 2015/S 191-345984, do 2 de outubro de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.918.080 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 959.040 euros. Importe total: 1.160.438,40 euros.

6. Formalización dos contratos:

a) Data de adxudicación: 29.12.2015.

b) Data de formalización: 19.1.2016.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 905.760 euros. Importe total: 1.095.969,6 euros.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos