Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2016 Páx. 9277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai publica a declaración de impacto ambiental sobre o proxecto conxunto de ampliación da concesión de explotación Rañadoiro número 2651.1 e da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Coto da Rexa número 2714, concellos de Soutomaior e Pontevedra, promovidos por Rocas Maresgra, S.L. (clave 2014/0039).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 15 de febreiro de 2016, relativa ao proxecto conxunto de ampliación da concesión de explotación Rañadoiro número 2651.1 e da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Coto da Rexa número 2714, concellos de Soutomaior e Pontevedra, promovidos por Rocas Maresgra, S.L.

Esta declaración de impacto ambiental pódese consultar na seguinte ligazón
http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, baixo).

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental