Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2016 Páx. 9232

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas por presenza da praga de corentena denominada Epitrix spp (pulguiña da pataca).

Antecedentes.

A través da Resolución do 15 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, declarouse no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a presenza do organismo de corentena Epitrix spp (pulguiña da pataca), e establecéronse as zonas demarcadas e as medidas fitosanitarias para o seu control.

En datas posteriores ás da publicación desta resolución producíronse novas deteccións deste organismo noutras zonas do territorio.

Por todo o anteriormente exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Establecer como zonas demarcadas pola existencia da praga denominada Epitrix spp dentro do territorio da Comunidade Autónoma:

a) Todo o territorio incluído nas provincias da Coruña e Pontevedra.

b) A área incluída nun raio de 500 metros arredor das seguintes parcelas localizadas na provincia de Lugo:

– Concello: 67; polígono: 22; parcela: 155; recinto: 1. En Covas, Viveiro.

– Concello: 67; polígono: 3; parcela: 548; recinto: 1. En Castelo, Viveiro.

– Concello: 63; polígono: 22; parcela: 9000. Na Laxe, O Valadouro.

– Concello: 5; polígono: 18; parcela: 248; recinto: 1. En Reinante, Barreiros.

– Concello: 27; polígono: 8; parcela: 2630; recinto: 1. En Santo Adrao, Lourenzá.

– Concello: 30; polígono: 502; parcela: 269; recinto: 1. En Argomoso, Mondoñedo.

c) A área incluída nun raio de 500 metros arredor das seguintes parcelas localizadas na provincia de Ourense:

– Concello: 62; polígono: 65; parcela: 11; recinto: 1. Nos Asneiros, Piñor.

– Concello: 26; polígono: 11; parcela: 356; recinto: 1. En Laias, Cenlle.

– Concello: 900; polígono: 8; parcela: 9000; recinto: 124. En Santa Cruz de Arrabaldo, Ourense.

Segundo. Manter as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 15 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se declara no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a presenza do organismo de corentena Epitrix spp (pulguiña da pataca), se establecen as zonas demarcadas e as medidas fitosanitarias para o seu control.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2016

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias