Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2016 Páx. 10526

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (717/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 717/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Peña Maquieira contra Limpiezas El Polígono, Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 27/2016.

Procedemento ordinario número 717/2014.

Sentenza:

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2016.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos 717/2014, sobre reclamación de cantidade, por instancia de María del Carmen Peña Maquieira, asistida e representada polo graduado social Juan Manuel Suárez Figueiras contra Limpezas El Polígono, S.L., que non comparece, despois de ser citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

Decisión:

Que debo estimar e admito a demanda presentada e, en consecuencia, condeno a Limpiezas El Polígono a aboarlle a María del Carmen Peña Maquieira 776,31 euros netos e 3.412,31 euros brutos, cantidades que se incrementarán cos xuros do artigo 29.3 do ET, calculados desde a data de presentación da papeleta de conciliación ante o SMAC. Condeno o Fogasa a estar e pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro da LRXS.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolls saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2016

A secretaria xudicial