Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2016 Páx. 10519

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (395/2015).

Despedimento/cesamentos en xeral 395/2015

Procedemento de orixe: sobre despedimento

Demandante: Mónica Luna Hermida

Avogada: Elvira Couso Suárez

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Limpieza Veteris, S.L.

Blanca Susana Janeiro Amela, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 395/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Mónica Luna Hermida contra a empresa Fondo de Garantía Salarial, Limpieza Veteris, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que estimo a demanda interposta por Mª Mónica Luna Hermida fronte á empresa Limpiezas Veteris, S.L, declaro improcedente o despedimento da traballadora demandante e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a que a readmita nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento co aboamento dos salarios deixados de percibir ou, á súa elección, a que lle aboe unha indemnización de 1.015,65 euros (salvo erro aritmético).

A opción deberá exercerse mediante escrito ou comparecencia na Secretaría deste xulgado do social dentro do prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, en espera da súa firmeza. No suposto de non optar pola readmisión ou a indemnización entenderase que procede a primeira.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que se deberá anunciar dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, e que a recorrente deberá consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación «Depósitos e consignacións», co número 5081 especificando a clave 65 ao se tratar dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso ter consignado, na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, aínda que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así por esta sentenza o pronuncio, mando e asino.

Para que sirva de notificación en legal forma a Limpieza Veteris, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 2 de marzo de 2016

A secretaria xudicial