Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11210

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de diversos postos de persoal licenciado sanitario (xefaturas de servizo de Atención Primaria).

Unha vez convocada mediante a Resolución do 13 de outuro de 2015 (DOG núm. 213, do 9 de novembro) a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de xefatura de servizo de Atención Primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos de persoal licenciado sanitario (xefaturas de servizo de Atención Primaria), anunciada mediante a Resolución do 13 de outubro de 2015 (DOG núm. 213, do 9 de novembro).

Segundo. Nomear no posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interporse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 29 de febreiro de 2016

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Posto de traballo: xefa do Servizo de Atención Primaria de Coia.

Nome e apelidos: María del Carmen Campillo Casais.

DNI: 36022293S.

Posto de traballo: xefe do Servizo de Atención Primaria de Coruxo.

Nome e apelidos: Luis Meleiro Rodríguez.

DNI: 36037151S.